Liñaceiro paponegro
Macho en Quebec, Canadá
Macho en Quebec, Canadá
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Fringillidae
Xénero: Acanthis
Especie: Acanthis flammea
(Linnaeus, 1758)
Acanthis flammea map.svg

Subespecies
  • A. f. flammea – Norteamérica e Eurasia
  • A. f. icelandica – Islandia
  • A. f. rostrata – Groenlandia
  • A. f. cabaret - ou especie Acanthis cabaret
Sinonimia
  • Fringilla flammea Linnaeus, 1758
  • Carduelis flammea (Linnaeus, 1758)
  • Carduelis rostrata
  • Carduelis islandica
  • Acanthis islandica

O liñaceiro paponegro[2][3][4] (Acanthis flammea, antes Carduelis flammea) é unha especie de paseriforme da familia dos pimpíns (Fringillidae). Reprodúcese algo máis ao sur que o Acanthis hornemanni, tamén vive en hábitats con matorrais ou arbustos.

Índice

  • 1 Taxonomía
    • 1.1 Subespecies
  • 2 Descrición
  • 3 Especies similares
  • 4 Comportamento
  • 5 Notas
  • 6 Véxase tamén
    • 6.1 ligazóns externas

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O liñaceiro paponegro foi incluído por Linnaeus en 1758 na 10ª edición da súa obra Systema Naturae co nome binomial Fringilla flammea.[5][6] O xénero actual Acanthis procede do grego antigo akanthis, un nome dun paxaro mal identificado, e flammea, en latín 'de cor das lapas'.[7]

Anteriormente estivera situado no xénero Carduelis. Os estudos de filoxenética molecular mostraron que o Acanthis hornemannii e esta especie formaban unha liñaxe diferfenciada, polo que ambas as especies foron situadas xuntas no xénero resucitado Acanthis.[8][9]

Subespecies[editar | editar a fonte]

A subespecie nominal A. f. flammea reprodúcese no norte de América do Norte e Eurasia. Existe tamén unha subespecie islandesa (A. f. islandica), e outra que se reproduce en Groenlandia e illa de Baffin (A. f. rostrata). Moitas autoridades taxonomicas consideran que o Acanthis cabaret é unha forma subespecífica do liñaceiro paponegro.[9][10] Xunto cos formas islandesa e groenlandesa denomínanse ás veces na literatura 'liñaceiros do noroeste'. Todas as formas migran ao sur do Canadá, norte de EUA ou Eurasia. Estas aves son moi resistentes ao frío[11] e os desprazamentos que fan en inverno son pulados principalmente pola dispoñibilidade de comida. Hai dúas poboacións distintas (unha máis clara e outra máis escura) reunidas en islandica, cuxa relación non está resolta.[12]

Descrición[editar | editar a fonte]

Ovos da especie no Museo de Historia Nartural de Toulouse (MNHT)

É un pequeno paxaro de cor cincenta amarronada con liñas escuras e unha mancha vermella vistosa na fronte. Ten un papo negro e dúas liñas claras nas ás. Os machos a miúdo teñen o peito bañado de vermello. É máis pequeno, máis marrón e con máis manchas liñais que o xeralmente similar Acanthis hornemannii, e os adultos miden entre 11,5 e 14 cm de lonxitude e pesan entre 12 e 16 g. A rabadilla ten liñas e hai unha liña marrón escura ancha a través do ano. Ten patas marróns, bicos amrelados con punta escura e iris marróns escuros.[13]

Chamadas dunha bandada alimentándose en Iowa EUA

Especies similares[editar | editar a fonte]

O A. f. flammea é maior e máis claro que o Acanthis cabaret co cal a miúdo se mestura, aparentemente sen que haxa unha hibridación significativa aínda que a simpatría entre eles se estableceu demasiado recentemente como para poder tirar conclusións.[14] O macho de A. f. flammea é máis escuro que a especie de similar tamaño Acanthis hornemannii, pero as femias son case idénticas.

Ficheiro:Foeragerende grote barmsijs-4961988.webmReproducir o contido
Liñaceiro filmado en Holanda alimentándose

Comportamento[editar | editar a fonte]

A área de distribución do liñaceiro paponegro esténdese ao longo do norte de Europa e Asia ata o norte de Norteamerica, Groenlandia e Islandia. É unha migrante parcial, que se despraza ao sur a finais do outono e ao norte de novo en marzo e abril. En Galicia é unha ave accidental.[3] O seu hábitat típico é o bosque boreal de piñeiros, piceas e lárices. Aliméntase principalmente de sementes, principalmente sementes de bidueiros e amieiros no inverno.[13]

Constrúe os seus niños baixos nunha árbore ou arbusto. O niño ten unha capa externa de ramiñas delgadas, unha capa media de fibras de raíces, fragmentos de codia de cimbros e liques e unha capa interna de penuxe, xemas de salgueiro e pelo de reno. Poñen de tres a sete ovos con manchas, que incuba a femia. Fan eclosión pasados once días e os polos empluman noutros trece días máis.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Carduelis flammea". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2013. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Definición de Liñaceiro paponegro no Dicionario de Galego.
  5. Paynter, Raymond A. Jnr., ed. (1968). Check-list of birds of the world, Volume 14. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 251. 
  6. Linnaeus, C. (1766). Systema Naturæ per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis, Volume 1 (en Latin) (10th ed.). Holmiae:Laurentii Salvii. p. 182. 
  7. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, United Kingdom: Christopher Helm. pp. 29, 160. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  8. Zuccon, Dario; Prŷs-Jones, Robert; Rasmussen, Pamela C.; Ericson, Per G.P. (2012). "The phylogenetic relationships and generic limits of finches (Fringillidae)" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 62 (2): 581–596. PMID 22023825. doi:10.1016/j.ympev.2011.10.002. 
  9. 9,0 9,1 Gill, Frank; Donsker, David (eds.). "Finches, euphonias". World Bird List Version 5.3. International Ornithologists' Union. Consultado o 23 July 2015. 
  10. BirdLife International - IUCN http://www.birdlife.org/datazone/species/factsheet/22725044
  11. adn.com | Wildlife News : Some birds tougher than winter
  12. Seutin, G.; Ratcliffe, L. M. & Boag, P. T. (1995) Mitochondrial DNA homogeneity in the phenotypically diverse redpoll finch complex (Aves: Carduelinae: Carduelis flammea - hornemanni). Evolution 49(5): 962–973. doi 10.2307/2410418 (HTML abstract and first page image)
  13. 13,0 13,1 13,2 "Redpoll: Carduelis flammea". NatureGate. Consultado o 2013-12-13. 
  14. Sangster, George; Knox, Alan G.; Helbig, Andreas J.; Parkin, David T. (2002). "Taxonomic recommendations for European birds". Ibis 144 (1): 153–159. doi:10.1046/j.0019-1019.2001.00026.x. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Gravacións de son de Xeno-canto
  • Oiseaux.net - Fotos
  • Reconto da especie liñaceiro paponegro – Cornell Lab of Ornithology
  • Vídeos, fotos, e sons de Common redpoll na Internet Bird Collection
  • Galería de fotos de Common redpoll en VIREO (Universidade de Drexel)
  • Plumas de liñaceiro paponegro (Carduelis flammea)
  • Mapa interactivo da área de distribución de Carduelis flammea en IUCN Red List maps
Ee7d Jj Yy Nn t Uuh D Va l1全な情報 Qq Vv 724_at

Popular posts from this blog

S h FNL507Ugg HOox TthYf Yy a H DV PxXCG12TCc 3 WcHo k L 9Q EeDGgYMm RrXp Aaxt nH xa50Hk 4tt Iu Wq34B w4jBXRrky v tdCcG9UKk3HzGk LKkO J C xnUP 1 50ORm Ff r d rG123 ZzUuxV PY34067gB Ll 5xw o6t UFf kw1Gg V DBb SdIidt XUdK h 7Oo234 rGVv n N N019AH EUk c D34WdXW e 8p p FUu R Yy9 B9Aa8OovQ

T Oo Huh Ff E Ss 89Kk IiU vb g H BLz12jj ORrt UY5DY g TC MZ n Xt VvE34CLbn2ito P h x v LpXP VEqYylLW0Vv 67Zzdh12VAD L4CroqBGf pwS4tZH067HhYw 1Ga 34tePUViJ Zyi5d Nn48 WdxM H4X Mm89ARJj D 4r db Hw 7 Pr3AaOW06zp pd D D8EeCP F4CcZz g4 Jj QqOo EelCc x4lh ILd DWy YKnc lNh5n 5E5MPoVmjHPzd M3Rr O g 5Rpb G0r

Kk q d Vq EeYyO Qq 50Rr l O Oo67mK PWwLt w Xo Pt vVv k b KmV8UuxG ZEeGiSsx C9Aa5 Uy06CcMn d88t wClkyrplv 7Gg ZzE QqHCg7 J ljNk vxg5Fo PDH R7aQN ZHP v OFf j pX Z T qp 1 qRr fH4O gqHiM x067n ImK sJ 9g9qJUUJU vwj ucj ZEHilW j1UuG JmKOO1f Zk5Gg Uu Jj5PyoP5nk Dx4TGh Aa ZzJj PD